"conference-2018.desc1":"Únete a nós para a Conferencia de Scratch@MIT, un encontro lúdico de persoas educadoras, investigadoras, desenvolvedoras e outras e outros membros da comunidade de Scratch.",
"conference-2018.desc2":"Estamos planificando unha conferencia moi participativa, cun día enteiro para obradoiros e moitas oportunidades para debater e colaborar entre compañeiros e compañeiras. A conferencia está destinada principalmente a adultos que axuden ás mozas e mozos que aprenden Scratch.",
"conference-2018.sessionItem1Desc":"Comparte o teu proxecto no ambiente dunha mostra xunto con outras relatoras e relatores. Terás espazo para un póster e unha mesa para un ordenador ou folletos.",
"conference-2018.sessionItem2Desc":"Implica ás e aos participantes en actividades prácticas, destacando novas formas de crear e colaborar con Scratch.",
"conference-2018.sessionItem3Desc":"Debater un tema relacionado con Scratch nun panel con tres ou máis persoas. A túa proposta debería describir como involucrarás a audiencia durante a sesión.",
"conference-2018.submissionQ":"Pasóuseme o prazo de entrega. Podo enviar unha proposta para a conferencia?",
"conference-2018.submissionAns":"Xa non aceptamos máis propostas.",
"conference-2018.regQ":"Só podo asistir a un día de conferencia. Ofrecen matrículas para un único día?",
"conference-2018.regAns":"Sentímolo, mais non oferecemos billetes para un único día.",
"conference-2018.accommodationsQ":"Quero planear a miña visita. Teñen suxestións para hospedaxe?",
"conference-2018.accommodationsAns1":"Si, o MIT colabora con varios hoteis da zona que oferecen descontos aos participantes que asisten ás actividades do MIT, incluídos: {marriottLink} (0,4 millas desde o MIT Media Lab), {holidayinnLink} (1,6 millas); {residenceinnLink} (0,3 millas) e {lemeridienLink} (0,9 millas). Para reservar un cuarto nun destes hoteis chame ao hotel e solicite o desconto do MIT. Recoméndase reservar con antelación porque o verán é unha época de alta ocupación en Boston. Todos os prezos para o MIT están suxeitos a dispoñibilidade.",
"conference-2018.accommodationsAns2":"Se busca opcións adicionais de hospedaxe, tamén recomendamos o {acLink} (7, 1 millas), {doubletreeLink} (3,3 millas) e {hotelbostonLink}co código MITSC2018 (5,3 millas). Tamén pode considerar opcións de compartición de domicilio como Airbnb. Pode atopar unha lista ampliada de acomodación {mitLink}.",
"conference-2018.accommodationsAns4":"Para solicitar unha residencia, complete {dormrequestLink}. Teña en conta que Northeastern está situado en Boston, a dúas millas da sede do congreso no MIT. É un viaxe de media hora con transporte público, accesible no metro pola Liña Verde (a parada de Northeastern na liña E) ou pola Liña Laranxa (parada de Ruggles Station).",
"conference-2018.dormRequestText":"Impreso de solicitude de residencia",
"conference-2018.letterQ":"Podo recibir unha carta para visado?",
"conference-2018.letterAns":"Si, Contacte con nós en {emailLink} e podemoslle enviar unha carta por correo electrónico.",
"conference-2018.preConfQ":"En anos anteriores houbo unha actividade na noite do mércores anterior ao congreso. Haberá algo semellante este ano?",
"conference-2018.preConfAns":"Haberá unha recepción informal opcional na noite do mércores 25 de xullo. Os participantes pódense rexistrar tamén xa nese momento.",
"conference-2018.bringQ":"Que debo levar?",
"conference-2018.bringAns":"Conte con traer o seu dispositivo persoal (prefírense portátiles) e cargador. Os relatores deberían traer todos os materiais adicionais da súa presentación (nós forneceremos proxectores e pantallas). Haberá bocadillos e bebidas todo o día.",