{ "camp.title": "Campamento Scratch: Ben Fondo", "camp.dates": "24 de xullo a 13 de agosto", "camp.welcome": "Benvida ao Campamento Scratch 2017!", "camp.welcomeIntro": "Vente mergullar no océano con nós e deseñar a túa propia primeira creación. A túa creación pode ser calquera cousa que atopes no océano real ou inventada!
No campamento deste ano mergúllate connosco ben fondo nestas tres partes:", "camp.part1Dates": "Parte 1 (24 de xullo a 30 de xullo)", "camp.detailsTitle": "Detalles:", "camp.part1Details": "Crea un proxecto presentándonos un personaxe, real ou imaxinario, que vive no océano. Podes crear un monstro das profundidades, unha estreliña de mar, un tiburón come-tacos ou ou que ti queiras imaxinar.", "camp.particpateTitle": "Como participar:", "camp.part1Particpate": "A parte 1 do campamento terá lugar en Main Camp Cabin studio. Aquí podes facer preguntas, ver as creacións doutros scratchers e enviar as túas. Vai ao estudio aprender máis!", "camp.part2Dates": "Parte 2 (31 de xullo a 6 de agosto)", "camp.part2Details": "Agora fai que o teu personaxe sexa interactivo. Ten preguntas que facernos? Que pasa cando prememos nel? Ten algún poder especial? E máis!", "camp.part2Particpate": "A parte 2 do campamento tamén terá lugar en Main Camp Cabin studio. Aquí podes facer preguntas, ver as creacións doutros scratchers e enviar as túas. Vai ao estudio aprender máis!", "camp.part3Dates": "Parte 3 (7 de agosto a 13 de agosto)", "camp.part3Details": "Crea un proxecto empregando a túa propia creación xunto coas creacións doutros scratchers. Pode ser un xogo, unha historia, unha animación ou calquera cousa que se che ocorra!", "camp.part3Particpate": "Final Projects Camp Cabin studio albergará a parte 3 do Campamento de Scratch deste ano. Aquí podes enviar o teu proxecto final, opinar sobre os demais e celebrar o Campamento de Scratch! Nada até o estudio cando apareza a parte 3!", "camp.helpfulInfo": "Axuda útil", "camp.infoCounselors": "O estudio de Conselleiros do Campamento ofrece diversos exemplos para a túa creación oceánica. Tamén te podes comunicar directamente cos Conselleiros alí.", "camp.infoPart3": "Lembra, na parte 3 hai que usar outras creacións feitas para este Campamento de Scratch. Emprega o seu proxecto da parte 2 para aprender sobre a personalidade do personaxe!", "camp.infoTime": "Non te preocupes se non estás presente todo o tempo; sempre podes participar nas partes nas que esteas dispoñíbel! Só tes que divertirte e mergullarte fondo!" }