"teacherfaq.teacherWhatBody":"Unha conta de profesor de Scratch proporciona aos educadores funcións adicionais para xestionar a participación dos estudantes en Scratch, incluída a capacidade de crear contas de estudantes, organizar proxectos de estudantes en estudios e supervisar os comentarios dos estudantes. Aprende máis sobre as contas de profesores no seguinte vídeo:",
"teacherfaq.teacherSignUpBody":"Para solicitar unha conta de docente, vaia ao <a href=\"/educators/register\">formulario de solicitude</a> de conta de docente.",
"teacherfaq.teacherWaitTitle":"Por que teño que agardar un día pola miña conta?",
"teacherfaq.teacherWaitBody":"O Equipo de Scratch bota este tempo revisando manualmente as peticións de creación de contas para comprobar que o creador da conta é un docente.",
"teacherfaq.classMultipleTeachersTitle":"Unha clase pode ter múltiples docentes?",
"teacherfaq.classMultipleTeachersBody":"Unha clase só pode ter asociada unha conta de docente.",
"teacherfaq.convertToTeacherTitle":"Xa teño unha conta de Scratch, podedes convertela nunha conta de docente?",
"teacherfaq.convertToTeacherList":"Envíe un correo electrónico a {helpEmail} e asegúrese de incluír a seguinte información:",
"teacherfaq.convertToTeacherUsername":"O nome da túa conta de Scratch (por favor, comproba que coñeces o teu nome de usuaria ou usuario iniciando sesión antes de contactar connosco!)",
"teacherfaq.convertToTeacherEmail":"O enderezo de correo electrónico asociado á súa conta de Scratch",
"teacherfaq.convertToTeacherBirth":"O mes de nacemento e o ano de nacemento asociados á túa conta de Scratch",
"teacherfaq.teacherPersonalTitle":"Por que precisades da miña información persoal durante o rexistro?",
"teacherfaq.teacherPersonalBody":"Empregamos esta información para comprobar que o creador da conta é docente. Non compartimos esta información con máis ninguén e non será publicada no sitio.",
"teacherfaq.teacherEdTitle":"As contas de docente de Scratch están ligadas coas contas de ScratchEd?",
"teacherfaq.teacherEdBody":"Non, as contas de docente de Scratch non están ligadas coas contas de <a href=\"http://scratched.gse.harvard.edu/\">ScratchEd</a>.",
"teacherfaq.studentTransferTitle":"Podo transferir a un alumno ou alumna dunha conta ou unha clase de docente a outra?",
"teacherfaq.studentTransferBody":"Non, non é posible transferir estudantes dunha clase ou docente a outra. Podes crear unha nova conta de estudante para o estudante usando unha conta de docente diferente se precisan formar parte dunha nova clase.",
"teacherfaq.studentVerifyBody":"Non. O enderezo de correo electrónico da conta de docente úsase para todas as contas de estudantes, polo que non hai que verificar os seus enderezos de correo electrónico.",
"teacherfaq.studentEndTitle":"Que pasa ao «rematar» o curso?",
"teacherfaq.studentEndBody":"Ao rematar un curso a páxina do perfil da clase agóchase e os estudantes xa non poden entrar (aínda que os seus proxectos e os estudios de clase permanecen visíbeis no sitio). Un curso pódese reabrir en todo momento.",
"teacherfaq.studentForgetTitle":"Que pasa se un alumno/a esquece o seu contrasinal?",
"teacherfaq.studentForgetBody":"Podes restaurar o seu contrasinal manualmente desde a conta de docente de Scratch. Vai primeiro a As miñas clases (desde a faixa violeta da páxina principal ou desde o menú despregábel que tes a carón da túa iconal de usuario). Procura a clase que sexa e preme na ligazón do/a alumno/a. Aí podes restaurar o contrasinal a nivel de alumno/a co menú Configuración.",
"teacherfaq.studentUnsharedTitle":"Podo ver proxectos do alumnado sen compartir?",
"teacherfaq.studentUnsharedBody":"As contas de docentes só poden acceder a proxectos do alumnado compartidos.",
"teacherfaq.studentDeleteTitle":"Podo eliminar contas do alumnado?",
"teacherfaq.studentDeleteBody":"Non podes eliminar a conta dun estudante usando unha conta de docente, pero as contas de estudantes poden eliminarse a través da páxina {accountSettingsLink} despois de iniciar sesión na conta de estudante.",
"teacherfaq.accountSettings":"Configuración da Conta",
"teacherfaq.studentAddExistingTitle":"Algunhas e algúns dos meus estudantes xa teñen contas de Scratch, como podo engadilo á miña aula?",
"teacherfaq.studentAddExistingBody":"Non é posible engadir unha conta de Scratch existente a unha aula. Deberá crear unha nova conta de estudante usando a súa conta de profesor.",
"teacherfaq.studentDiscussionBody":"Si, pode dialogar con outras e outros docentes en {scratchEdLink}, unha comunidade en liña para educadores de Scratch. Consulta os seus {forumsLink} para unirte a conversas sobre varios temas, incluídos, pero sen limitarse a Contas de Docentes. ScratchEd está desenvolvido e apoiado pola Harvard Graduate School of Education.",
"teacherfaq.forums":"foros",
"teacherfaq.privacyPolicy":"Política de Privacidade de Scratch",
"teacherfaq.studentDataBody":"Cando un estudante se inscribe por primeira vez en Scratch, pedimos datos demográficos básicos incluíndo sexo, idade (mes e ano de nacemento), país e un enderezo de correo electrónico para a súa verificación. Estes datos úsanse (de forma agregada) en estudos de investigación destinados a mellorar a nosa comprensión de como as persoas aprenden con Scratch.",
"teacherfaq.studentDataBody2":"Cando un educador ou educadora usa unha conta de docente de Scratch para crear contas de estudantes, os estudantes non están obrigados a proporcionar un enderezo de correo electrónico. Animámosche a ler o documento {privacyPolicyLink} para máis información.",
"teacherfaq.studentPrivacyLawsTitle":"Cumpre Scratch coas leis de privacidade de datos locais e federais dos Estados Unidos?",
"teacherfaq.studentPrivacyLawsBody":"Scratch preocúpase profundamente da privacidade das e dos estudantes e de todas as persoas que usan a nosa plataforma. Contamos con procedementos físicos e electrónicos para protexer a información que recollemos. Aínda que non estamos en condicións de ofrecer garantías contractuais con cada entidade que utilice o noso produto educativo gratuíto, estamos a cumprir todas as leis federais dos Estados Unidos aplicables a unha organización sen ánimo de lucro 501 (c) (3). Animámosche a ler o documento {privacyPolicyLink} para máis información.",
"teacherfaq.student250Title":"Quero engadir máis de 250 estudantes a unha clase, como podo facer isto?",
"teacherfaq.student250Body":"Non é posible engadir máis de 250 estudantes a unha soa clase. Non obstante, pode crear unha nova clase en {myClassesLink} e engadir outras 250 contas de estudantes a cada nova clase.",
"teacherfaq.commHiddenBody":"Non. Todo o contido compartido dentro dunha clase é accesíbel a toda a comunidade de Scratch.",
"teacherfaq.commWhoTitle":"Con quen pode interactuar o meu alumnado en Scratch?",
"teacherfaq.commWhoBody":"As contas de alumnado teñen os mesmos privilexios de comunidade que as contas de Scratch normais, como compartir proxectos, comentar, crear estudios e así. Como docente podes ver toda a actividade do teu alumnado e realizar accións de moderación lixeiras dentro da túa clase.",
"teacherfaq.commInappropriateTitle":"Que fago si vexo algo inapropiado?",
"teacherfaq.commInappropriateBody":"Podes eliminar manualmente comentarios e proxectos inadecuados creados polos teus estudantes. Se atopas contido inadecuado creado por non estudantes, avisa ao equipo de Scratch facendo clic no botón \"Informar\".",
"teacherfaq.commTurnOffCommentsTitle":"Podo desactivar para estudantes a función para ver e publicar comentarios?",
"teacherfaq.commTurnOffCommentsBody":"Non, non podes desactivar a función para comentar dos teus estudantes na comunidade en liña. Podes desactivar de xeito selectivo a posibilidade de que outros deixen comentarios nos seus perfís e cada proxecto individual, pero non hai unha función para todo o sitio que restrinxa os comentarios. Se o comentario non parece correcto para os teus estudantes, pode que queiras considerar a utilización de {desktopLink} que é a versión sen conexión do editor de proxectos Scratch que non inclúe a comunidade en liña.",
"teacherfaq.commBlockGamesTitle":"Podo impedir aos meus estudantes xogar a xogos en Scratch?",
"teacherfaq.commBlockGamesBody1":"Non eliminamos proxectos que sexan xogos ou inspirados en videoxogos populares a non ser que conteñan outros elementos inapropiados para os nenos e nenas. Cremos que aprenden mellor cando traballan en proxectos sobre cousas da súa vida que lles apasionan; unha das cousas que adoitan apasionalos son os xogos.",
"teacherfaq.commBlockGamesBody2":"Se ten coñecemento de algún proxecto específico que conteña elementos inapropiados, faga clic no botón \"Informar\" que aparece na páxina do proxecto para que poidamos tomar as medidas adecuadas."